Cobra Starship | |
---|---|
Orixe | Nova York, |
Período | 2005 - actualidade |
Xénero(s) | dance-pop |
Selo(s) discográfico(s) | Decaydance, Fueled by Ramen |
Membros | Gabe Saporta Ryland Blackinton Victoria Asher Nate Novarro Alex Suarez |
Antigos membros | Elisa Schwartz |
Na rede | |
cobrastarship.com | |
Cobra Starship é unha banda estadounidense de dance-punk creada polo antigo baixista e vocalista de Midtown Gabe Saporta no ano 2003 en Nova York. Despois de compoñer e gravar o seu álbum de estrea, While the City Sleeps, We Rule the Streets, como un proxecto en solitario, Saporta uniuse ao guitarrista Ryland Blackinton, o baixista Alex Suarez, o batería Nate Novarro e o teclista Victoria Asher.
A banda publicou o seu primeiro traballo no ano 2006, e este contiña o sinxelo "Snakes on a Plane (Bring It)". No 2007 apareceu ¡Viva la Cobra!, o primeiro disco coa formación completa. Hot Mess lanzouse no ano 2009, conseguindo éxito comercial grazas ao seu sinxelo "Good Girls Go Bad". O cuarto disco do grupo, Night Shades, foi editado o 29 de agosto do 2009 e contiña o sinxelo "You Make Me Feel...".